Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Deputación Permanente valida o decreto que prorroga o desconto aos carburantes

A Deputación Permanente valida o decreto que prorroga o desconto aos carburantes

O real decreto lei foi validado por 62 votos a favor, 6 en contra e 1 abstención

G24.gal 16/10/2026 13:47

A Deputación Permanente do Congreso validou este venres o terceiro paquete de medidas para afrontar as consecuencias económicas do conflito en Oriente Medio, entre as que se inclúen a prórroga os descontos para carburantes.

O real decreto lei foi validado por 62 votos a favor, 6 en contra e 1 abstención. O vicepresidente e ministro de Economía, Carlos Cuerpo, asegurou na defensa do texto que o seu obxectivo é "protexer os fogares e sectores económicos máis afectados pola alza dos prezos enerxéticos" que está a xerar a guerra en Irán, alén de "reforzar a soberanía enerxética" no medio longo prazo.

A norma, explicou, dá continuidade á resposta do Goberno ante o impacto desta guerra iniciada o 20 de marzo porque "seguimos atopándonos nun contexto xeopolítico altamente volátil" que se traduce en "tensión nos mercados internacionais e nos prezos das principais materias primas enerxéticas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade