O Black Friday adianta unhas compras do Nadal cada vez máis temperás
Os comercios, sobre todo as grandes cadeas, continúan cos descontos esta fin de semana
As rebaixas deixan unha imaxe clara: os centros comerciais ateigados
O día propio do Black Friday foi o venres, loxicamente, pero os descontos continúan, sobre todo nas grandes caeas. É unha das grandes citas de consumo do ano e deixa unha imaxe clara: os centros comerciais ateigados.
"Pero aínda non sei o que vo encargar, estouno pensando".
"Viñemos ver as luces e visitar as tendas, aproveitar os saldos", din algúns consumidores.
Hai présa por atopar ofertas, colas nas caixas e consumidores que aproveitan os descontos para ir adiantando as compras do Nadal.
"Non teño moi claro que vou mercar para esas épocas".
"Pois un agasallo par un amigo invisible, pixamas, unha cazadora para a nena", engaden outros.
Os clientes percorren os establecementos á procura da mellor oportunidade. Algúns veñen coa compra pensada, outros déixanse levar polas gangas e saldos que atopan.
"Mi bos, moi bos saldos".
"Hoxe paseíño, ver un poquiño o ambiente e mercar un agasallo de amigo invisible", destacan uns consumidores.
Moda, tecnoloxía, calzado, electrodomésticos... Todo serve nunha xornada na que os descontos se converten no principal reclamo.