Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os descontos do Black Friday son aproveitados para adiantar as compras de Nadal

Os descontos do Black Friday son aproveitados para adiantar as compras de Nadal

O gasto medio por persoa sitúase entre os 175 euros e os 209 euros

Os descontos móvense entre o 20 % e o 50 % sobre o prezo orixinal, concentrándos nos sectores da moda, o calzado, a tecnoloxía e os produtos para o fogar

G24.gal 28/11/2026 14:41

Técnicamente, o Black Friday foi o venres pero dende un tempo a esta parte, esta campaña comercial esténdese durante toda a fin de semana. O impacto en Galicia reflíctese a través de tres indicadores: o gasto medio por persoa sitúase entre os 175 euros e os 209 euros por comprador, consolidando unha tendencia cara a compras planificadas para adiantar os agasallos de Nadal.

Podemos atopar descontos que se moven xeralmente entre o 20 % e o 50 % sobre o prezo orixinal, concentrándose as ofertas máis agresivas nos sectores da moda, o calzado, a tecnoloxía e os produtos para o fogar.

A inmensa maioría das grandes superficies e franquías súmanse á campaña, mentres que no pequeno comercio de proximidade a adhesión é desigual debido a que só arredor dun 30 % das tendas dispón de venda en liña para competir nesta data, polo que moitos optan por estender as súas promocións durante toda a semana nas tendas físicas.  

A estas alturas do Black Friday todas as cidades galegas preven este sábado, especialmente á tarde, afluencia de xente e o aumento nas vendas. En Vigo aos descontos súmanse as luces e a ponte festiva do martes en Portugal que atrae a moitos compradores.

Aproveitan tamén para mercar electrónica o luns, o Ciberluns, outra festa de sentido comercial.Como no resto das cidades galegas, a chuvia levou á xente aos centros comerciais. 

Porque desde o 2012 en que a lei permitiu ao comercio español facer rebaixas fóra das clásicas de xullo e de xaneiro as cifras e a duración do Black Friday non deixaron de medrar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar