Furtivos do percebe, unha ameaza para a campaña de Nadal
Os vixiantes detectan mais extraccións ilegais na Costa da Morte
Un gardapesca intercepta un pescador recreativo apañando percebe no Roncudo
A campaña do percebe do Roncudo limítase a unhas poucas semanas ao ano para preservar o produto. A mediados de decembro volveremos ver na zona a imaxes dos percebeiros arriscándose para sacar adiante a campaña de Nadal.
Agora a costa rochosa esta baleira. É o momento de frear os furtivos para que os percebes sigan aí cando cheguen os profesionais. Edgar encargase de vixiar esta zona. Acaba de coller na allada un camuflado de pescador recreativo.
"Estábao controlando e xa vin como deixaba a cana a un lado e se puña a extraer o percebe", relata este gardapesca marítimo. "Non foi casual. Admitiu que xa viñera onte pescar na zona, que vira os percebes e hoxe volveu preparado para sacalos. Pero coa mala sorte de que o collín".
O home foi identificado e intervéuselle a ferramenta e o percebe extraído ilegalmente.
"O problema de todos os anos, claro, son estas datas de Nadal, nas que a xente é máis propensa a extraer percebes. Si, hai un pouco máis de afluencia de furtivos nestas datas", confirma Edgar.
Cada quilo conta na época do ano en que o percebe acada o seu mellor prezo.