Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisan catro toneladas de bocarte nun operativo na lonxa de Corcubión

Comisan catro toneladas de bocarte nun operativo na lonxa de Corcubión

O peixe foi identificado e entregado a un centro benéfico

G24.gal 15/10/2026 20:27

Os axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia comisaron 4.000 quilos de bocarte nun operativo de control e inspección por terra realizado no porto e na lonxa de Corcubión.

A actuación, dependente da Consellería do Mar, foi realizada pola Unidade Operativa de Servizos Centrais e saldouse coa apertura dunha acta por unha presunta infracción da normativa vixente en materia de pesca marítima.

Tras a inspección e a correcta identificación, toda a mercadoría incautada foi doada e entregada a un centro benéfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade