Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos tres veciños de Camariñas por vinculación á pesca furtiva

Detidos tres veciños de Camariñas por vinculación á pesca furtiva

Os gardas civís atribúen aos implicados a suposta comisión de diversos ilícitos documentais para eludir os controis do sector

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil
G24.gal 28/11/2026 09:42

Efectivos da Unidade de Protección da Natureza (UPRONA) da Garda Civil da Coruña, xunto con compoñentes do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) de Corcubión, procederon á detención de tres persoas, todas elas veciñas de Camariñas, como presuntas autoras de varios delitos de falsidade en documento público. Deste xeito, culmina un operativo enmarcado na loita contra a pesca furtiva.

Os feitos gardan relación con presuntas irregularidades na documentación oficial vinculada ao rexistro da actividade pesqueira, así como ao transporte e comercialización de capturas. Por este motivo, os gardas civís atribúen aos implicados a suposta comisión de diversos ilícitos documentais para eludir os controis do sector.

A fase de explotación levouse a cabo de maneira graduada durante o presente mes de novembro. Así, nunha primeira intervención practicada o pasado día 12, axentes do SEPRONA de Corcubión detiveron dous dos presuntos autores; e posteriormente, o día 21, materializouse o arresto do terceiro implicado.

Por todo iso, instruíronse as correspondentes dilixencias penais, que foron remitidas á Sección Única do Tribunal de Instancia de Instrución de Garda de Corcubión (A Coruña).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade