Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde un coche en Vilalba sen que o seu condutor resulte ferido

Arde un coche en Vilalba sen que o seu condutor resulte ferido

Segundo relatou o propio condutor ao 112, o vehículo comezou a cheirar a queimado e, pouco despois, a botar fume, polo que decidiu deterse na beiravía

Unha vez fóra do coche, o turismo comezou a arder

G24.gal 26/11/2026 09:14

Un turismo ardeu arredor das sete e media da mañá deste xoves na estrada que une Vilalba con Rábade, á altura do quilómetro 11 da LU-541, na parroquia vilalbesa de Ladra.

Segundo relatou o propio condutor ao 112, o vehículo comezou a cheirar a queimado e, pouco despois, a botar fume, polo que decidiu deterse na beiravía. Unha vez fóra do coche, este comezou a arder.

O turismo quedou completamente calcinado, pero o condutor non sufriu ningún dano.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e dos bombeiros de Vilalba. Na zona agárdase a chegada dun guindastre para retirar o vehículo sinistrado da calzada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade