ÚLTIMA HORA
Un accidente provoca o corte da AP-9, sentido Pontevedra, á altura de Teo
A DXT informa de retencións de ata tres quilómetros por mor do sinistro, en que se viron implicados tres vehículos
Polo momento non transcendeu o número de feridos, e as primeiras informacións das testemuñas apuntan a que sufriron lesións de pouca consideración
Un accidente provocou o corte da circulación no quilómetro 78 da AP-9, á altura de Teo. Segundo informa a DXT, estanse a rexistrar retencións de ata tres quilómetros.
📢⚫️En A Coruña, un accidente provoca el corte de la AP-9 a la altura de Teo en sentido Pontevedra. ➡️Incidente en el P.K.78 ➡️Retenciones de hasta 3km. https://t.co/Uf1qnSQpuS
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) November 25, 2026
O corte afecta aos carrís en sentido Pontevedra. Ao parecer hai tres vehículos implicados. Un dos condutores puido perder o control do seu turismo e colidiu coa medianeira, provocando o impacto dos que circulaban preto del.
Polo momento non transcendeu o número de feridos, e as primeiras informacións das testemuñas apuntan a que sufriron lesións de pouca consideración.