Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous feridos nun accidente frontal entre dous turismos na estrada entre O Porriño e Salceda

Dous feridos nun accidente frontal entre dous turismos na estrada entre O Porriño e Salceda

A estrada PO-510 estivo cortada ao tráfico, á altura do quilómetro 4.5, durante hora e media desde que se rexistrou o sinistro ás 14:50 deste martes 

Un dos feridos, de cácter grave, foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro

Un can na calzada foi a causa do accidente  

Protección Civil O Porriño Protección Civil O Porriño
G24.gal 24/11/2026 17:18

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste martes nun accidente frontal entre dous turismos ocorrido ás 14:50 na estrada PO-510 que une O Porriño con Salceda de Caselas.

O sinistro, ocorrido no punto quilométrico 4.5 por mor da presenza dun can na calzada, obrigou a cortar a circulación na vía porque os coches quedaron ocupando os dous carrís, o que provocou importantes retencións de tráfico durante hora e media.

Dúas persoas resultaron feridas; a máis grave foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e a leve á Clínica Fátima, segundo informou Protección Civil do Porriño.

Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos de Protección Civil do Porriño, da Garda Civil de Tráfico e ambulancias de Urxencias Sanitarias do 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade