Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home armado cunha escopeta atraca un supermercado en Pontedeume

Un home armado cunha escopeta atraca un supermercado en Pontedeume

O ladrón subtraeu uns 200 euros e deuse á fuga, pero foi detido pola Garda Civil na Coruña

G24.gal 23/11/2026 18:15

 Un home armado cunha escopeta perpetrou este luns un atraco nun supermercado do municipio coruñés de Pontedeume. Segundo informaron fontes coñecedoras do ocorrido, o suceso tivo lugar ao redor de las 14.10 horas, cando o individuo accedeu ao supermercado DÍA cunha escopeta de caza.

Non houbo que lamentar feridos. O ladrón subtraeu uns 200 euros e deuse á fuga. Posteriormente, foi localizado e detido na Coruña, no barrio da Sardiñeira, por parte dun equipo da policía xudicial.

As pescudas apuntan a que actuaría só, pero as investigacións continúan abertas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade