Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio dun camión na AP-9 provoca retencións quilométricas na AP-9 á entrada de Vigo

O incendio dun camión na AP-9 provoca retencións quilométricas na AP-9 á entrada de Vigo

Os feitos ocorreron no punto quilométrico 151, á altura de Redondela

G24.gal 23/11/2026 16:44

 Un camión ardendo na AP-9 á entrada de Vigo provocou retencións quilométricas na autoestrada desde minutos antes das 16:00 horas deste luns. O vehículo viuse implicado nun accidente antes de comezar a arder. O seu condutor resultou ileso.

Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron no punto quilométrico 151, á altura de Redondela, despois da Ponte de Rande en dirección sur.

Tal como alertaba un particular, o camión estaba a arder e botaba moito fume, aínda que o condutor estaba fóra do vehículo.

Así, deuse aviso aos servizos de emerxencia, informando a Garda Civil de que sería necesario cortar un carril para sufocar as lapas. 

Unha vez realizados os labores de extinción e limpeza foi posible reabrir á circulación dous carrís, quedando só cortado un terceiro. A Garda Civil recomenda circular con precaución e respectar as indicacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade