Cargando resultados...
Buscan unha muller de 83 anos que desapareceu en Caldas
A octoxenaria, natural de Moraña, foi vista por última vez cando saíu á unha e media da madrugada do hotel onde está aloxada
G24.gal
23/11/2026 18:22
Un amplo operativo traballa na busca dunha muller natural de Moraña de 83 anos que desapareceu en Caldas. A muller foi vista por última vez cando saíu á unha e media da madrugada do hotel onde está aloxada, ao que polo momento non regresou.
No operativo traballan efectivos dos grupo de actividades subacuáticas e do equipo Pegaso da Garda Civil, coa axuda de drons. O aviso deuse á unha da tarde deste luns.