Publicador de contidos

Publicador de contidos

A autopsia apunta a que a morte do home que atoparon na rúa en Burela foi accidental

A autopsia apunta a que a morte do home que atoparon na rúa en Burela foi accidental

O xulgado de Viveiro, encargado de investigar o caso, recibiu o informe preliminar do exame forense e agora está pendente do atestado da Policía Xudicial

G24.gal 23/11/2026 17:12

O informe preliminar da autopsia do home achado falecido este domingo na localidade lucense de Burela apunta como posible causa unha morte accidental.

Segundo trasladaron fontes xudiciais, incoáronse dilixencias na praza 2 do Tribunal de Instancia de Viveiro, en funcións de garda. Tras contar co informe preliminar da autopsia, a maxistrada está agora pendente de recibir o atestado da Policía Xudicial, que investiga os feitos.

O 112 Galicia recibiu un aviso sobre as 08:05 horas deste domingo dun particular que informaba de que vira unha persoa no chan de la rúa Rafael Vior, e indicaba que cría que falecera. Posteriormente, persoal do 061 desprazado ata o lugar confirmou a súa morte.

Tamén foron informados do suceso a Garda Civil e a Policía Local de Burela. Segundo fontes policiais, o home tiña 38 anos de idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos