Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desmantelada unha herboristería que funcionaba como punto de venta de substancias estupefacentes na Coruña

Desmantelada unha herboristería que funcionaba como punto de venta de substancias estupefacentes na Coruña

No rexistro do establecemento incautáronse varias sustancias estupefacientes, entre elas drogas sintéticas como éxtase, LSD, diferentes variedades de marihuana, haxix ou fungos alucinóxenos

G24.gal 23/11/2026 16:18 Última actualización 23/11/2026 16:39

Axentes da unidade de Udyco da Policía Nacional da Coruña desarticularon un establecemento situado no barrio das Conchiñas que, baixo a aparencia dunha herboristería funcionaba como punto de venta de substancias estupefacientes.

Segundo informa o corpo policial nun comunicado, durante o rexistro realizado o pasado venres por varios axentes da Udyco incautáronse de varias sustancias estupefacientes, entre elas drogas sintéticas como éxtase e LSD, así como fungos alucinóxenos que eran cultivados polo propio dono dentro do establecemento nunhas neveiras especiais. 

Ademais localizaron diferentes variedades de marihuana clasificadas segundo peso e efectos, así como haxix, tanto en pole como en pequenas pastillas, que tamén fabricaba o propietario do local mediante unha centrifugadora eléctrica e outros utensilios dedicados á súa elaboración e posterior comercialización.

A actuación contou co apoio da unidade de Guías caninos e dunha dotación de Policía Local, que cursaron varias actas administrativas debido a que o comercio carecía das licencias correspondentes. 

Finalmente, o dono do establecemento, que quedou precintado, foi detido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade