Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os responsables dun prostíbulo en Santiago libran do cárcere por explotacion sexual e drogas

Os responsables dun prostíbulo en Santiago libran do cárcere por explotacion sexual e drogas

Aceptaron entre 5 e dous anos e medio de prisión, penas que quedan en suspenso a cambio de non delinquir e participar en programas de desintoxicación e educación sexual

G24.gal 20/11/2026 14:10 Última actualización 20/11/2026 15:10

Sete persoas sentaban esta mañá no banco dos acusados da Audiencia Provincial en Santiago. Son un matrimonio e un fillo que rexentaban un local de alterne en Santiago, tres traballadores e outra persoa que supostamente lles subministraba droga.

Xulgábanos por participar nunha trama de explotación sexual de mulleres no local. Segundo o escrito de acusación, sometíanas a ameazas, multas e prácticas vexatorias aproveitándose da súa vulnerabilidade económica e adicción ás drogas.

Inicialmente a fiscalía pedía penas de 30, 24 e 7 anos de prisión polos delitos de prostitución coactiva, tráfico de drogas, pertenza a grupo criminal e branqueo de capitais. As defensas lograron un acordo de conformidade que reduce os cargos e as penas, ningún entrará en prisión e absolve o fillo dos responsables do local de alterne.

Manuel Ferreiro o avogado da responsable do local explica a Fiscal lle retirou os cargos por pertenza a grupo criminal e branqueo de capitais á responsable do local e que só a condena polos delitos de tráfico de drogas e prostitución coactiva.

Deste xeito, dos 30 anos de prisión que lle pedía inicialmente, só deberá responder 8 meses e 3 anos menos un día polos delitos de prostitución coactiva e tráfico de drogas, e acordaron a suspensión da privación de liberdade a condición de non delinquir, seguir un  tratamento de desintoxicación e un programa de educación sexual. As outras dúas empregadas do local tampouco irán á cadea e deberán facer o curso de reeducación sexual.

Evaristo Nogueira, avogado do responsable do local e do fillo relata que ao fillo absolvérono e ao dono do local reducíronlle a pena a ano e medio por cada delito de prostitución coactiva. Suspendéronlle tamén a entrada en prisión e deberá facer un curso de educación sexual. 

O acusado de submisnitrarlles a droga foi condenado a dous anos de prisión e tamén lle suspenderon a pena a condición de que siga un programa de desintoxicación. Os acusados xa consignaron os 30.0000 euros de indemnización ás tres vítimas e acordaron o peche definitivo do local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade