Publicador de contidos

Publicador de contidos

Correndo contra o cancro de páncreas en Vilamartín de Valdeorras

Correndo contra o cancro de páncreas en Vilamartín de Valdeorras

A pesar do mal tempo, a iniciativa superou os 800 inscritos tanto na carreira como nas dúas andainas, unha máis longa e outra curta

O recadado irá destinado a investigación, fundamental para mellorar a supervivencia e a calidade de vida de quen padece esta enfimadade

G24.gal 15/11/2026 16:55 Última actualización 15/11/2026 17:19

A morte dun familiar por cancro de páncreas levou as organizadoras a pór en marcha esta carreira hai xa nove anos.

" Para apoiar a investigación e que outra xente non tivera que pasar polo mesmo que nós", comenta Patricia González, organizadora da Carreira contra o cancro de Páncrea de Vilamartín de Valdorras. 

Unha causa que este ano, a pesar da chuvia, volveu superar os 800 inscritos entre a carreira e as dúas andainas.

Levan varios anos recadando ao redor de 20 mil euros, cifras semellantes a de grandes cidades a pesar de ser un concello que non chega ao 2.000 habitantes. Cartos que van destinados integramente a financiar dúas becas de investigación sobre o cancro de páncreas co obxectivo de mellorar o prognóstico.

"Segue a ser un cancro cun prognóstico desfavorable porque se diagnostíca en estadíos avanzado da enfermidade e solución pasa pola investigación", engade María Francisco, médico do Servizo Dixestivo da Unidade de Páncreas do CHUO.

"Para intentar cronificar a enfermidade cando non se pode curar, pero tamén para poder curar moito máis diagnosticando antes e tratando de maneira preventiva despois das cirurxía de xeito máis eficaz", afirma Mercedes Salgado. Oncóloga do CHUO.

"Estes nove anos que levamos vimos que xa houbo avances e que a tasa de supervivencia incrementouse nun 5 por cento e iso danos esperanza pero sabemos que isto é unha carreira de fondo", conta Eva Iglesias da Asociación Cáncer de Páncreas de Valdeorras.

Unha carreira contra un cancro, o de páncreas, que segue a medrar en incidencia. Ao ano diagnostícanse en España máis de dez mil casos novos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade