Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Nadal devén en efémero en Pontevedra

O Nadal devén en efémero en Pontevedra

Aparecen tendas que apostan pola decoración de Nadal e que so abren durante a tempada navideña

Bolas de gran tamaño, figuras innovadoras e adornos inesperandos conforman a súa oferta

G24.gal 15/11/2026 17:12

Os establecementos que se dedican en exclusiva á decoración do Nadal van gañando protagonismo nos últimos anos. 

En Pontevedra, unha desas tendas leva anunciando a chegada da época navideña dende hai tres anos, e encende as luces de Nadal en outubro, antes ca ningúen. Denomínase tenda efémera xa que só permanece aberta os meses de Nadal, presentando aquelas ideas que converten un fogar ou un establecemento nun paraíso de postal.

"Este ano optamos por unha liña de bolas de gran tamaño, a maís grande de 1'80 metros de diámetro, pensada para fachadas e exteriores. Tamén temos uns osos, que causaron grande expectación. E tamén os adornos para unha cheminea que montamos no escaparate", conta Ana Belén Barreiro, da tenda Chrismas Pop-up Store en Pontevedra.

Dende a árbore con espumillón decorado con postais autografadas da infancia aos exemplares de ata tres metros de altura, ateigados de luminarias e personalizados da actualidade, hai todo un tempo de evolución e adaptación ás esixencias dos clientes.

"As tendencias para este ano -adianta Ana Belén Barreiro- seguen as liñas da moda: as cores terra, verdes, marróns, chocolates. Son un pouco a tendencia este ano que en decoración quedan súper elegantes".

Grilandas, bolas, fadas e trasnos, luces escintilantes e papa noeis orondos teñen cada vez máis acollida entre os amantes do ambiente navideño, sexan particulares ou tamén establecementos. Un xeito de revivir ano tras ano o espíritu familiar do Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade