A atención integral é esencial no tratamento do cancro
Cando unha persoa enferma de cancro a doenza tamén arrasa á familia e ás amizades
Celébrase hoxe en Lugo o cuarto Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familias, onde se insisitiu na importancia no tratameto integral dunha enfermidade que, cando chega, afecta a todos os que rodean e queren ao paciente.
A emoción contida estivo presente en cada ponenecia, dende a mesma inauguración, onde se falou do proxecto xenoma, dos cribados e do futuro centro de coidado integral do cancro de Galicia, mirando non só para os pacientes, senón tamén para os familiares, aos que hai que darlles ferramentas nun momento tan estremecedor, como comentou o presidente da Asociación Contra o Cancro en Lugo, José Manuel Rozas.
Javier Castro coñece de primeira man xa que padece cancro de colon metastásico, unha doenza que lle detectaron en xullo do 2025. Falounos da dor, da incerteza e do momento tan duro que está vivindo, tanto el coma os seus.