Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pacientes de cancro de mama reclaman unha atención integral

Pacientes de cancro de mama reclaman unha atención integral

"Non é só a enfermidade, tamén está a axuda psicolóxica e o coidado integral que precisamos", di Pili López mentres loita contra un tumor no peito

G24.gal 18/10/2026 14:04

O cancro de mama é o segundo tumor con maior incidencia en España, despois do colo-rectal. A investigación, un diagnóstico precoz e a prevención son esenciais. A supervivencia a cinco anos sitúase no 87,8%.

A Pili López detectáronlle cancro de mama hai ano e medio. Despois de pasar pola quimio, a cirurxía, a radio, un ciclo combinado de inmunoterapia, do que lle falta unha sesión, pensa que isto é como se lle dixeran que tiña que subir unha montaña ata o cumio e, para tamaño labor, só lle deran unha bicleta.

"O importante é que non deixes de pedalear", cóntanos, ato tempo que asegura estar moi satisfeita da atención e rapidez coa que a atenderon na sanidade pública, pero melloraría algunha cousas, como unha concepción máis integradora e global do paciente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade