Primeira xuntanza en Galicia da rede internacional de ioga oncolóxico
A oncoloxía integrativa é a combinación da medicina convencional con terapias complementarias
Presente en catorce países, atende a sintomatoloxía emocional e física das doentes a través desta disciplina
Estamos en Musggo Ioga, en Pontevedra. Aquí hai nove mulleres que son facilitadoras de ioga oncolóxico, entre elas Adriana Jarrín, a presidenta da rede internacional da disciplina e unha cirurxiá da unidade de mama de Vigo, Zoila Valladares, que coma nós está hoxe de invitada para ver que ocurre nesta sala.
Por primeira vez esta rede de soporte a enfermos de cancro, presente en catroce países, ten unha xuntanza en Galicia. Comparten e profundizan no corpo e na mente.
"Durante o proceso oncolóxico hai certas emocións, o medo, a incerteza, a ansiedade que son comúns en case todos os procesos oncolóxicos. Y otros aspectos como delimitacións físicas derivadas da cirurxía ou dos propios tratamentos. Polo tanto, o que nós facemos nas sesións de ioga oncolóxico é prestar atención a esa sintomatoloxía emocional e física, e desde a práctica do ioga ofrecer ferramentas que axuden á recuperación e á rehabilitación", explica a TVG Adriana Jarrín, que é a presidenta da rede internacional de Ioga Oncolóxico.
"As doentes necesitan un apoio emocional, un apoio para poder entender certos pensamentos, certas emocións, para aceptar os cambios do seu corpo, basicamente os cambios da súa identidade na vida, aceptar esa vulnerabilidade que supón o diagnóstico dun cancro. O ioga, a nivel xeral, axuda ás doentes a asimilar todo iso e a transitar este cambio na súa vida dun xeito máis adaptativo. ao mellor", matiza Zoila Valladares, cirurxiá na Unidade de Mama do Hospital Meixoeiro de Vigo.
"Claro que che afecta. Eu son moi sensible...pero tamén sabes que tes que acompañar. A sensación que che deixa ese acompañamento ás persoas que están nesta situación é indescriptible, é butal, e moi grande, moi grande, moi grande, moi grande", reflexiona Eloisa Puig, dona do centro Musgo Ioga en Pontevedra e facilitadora de Ioga oncolóxico.
Tras a xuntanza, Adriana Jarrín presentou o seu novo libro Ioga en tempos de cancro.