Publicador de contidos

Publicador de contidos

As coroas de advento decoran o anuncio da chegada do Nadal

As coroas de advento decoran o anuncio da chegada do Nadal

As coroas de advento son un clásico que se reinventa

G24.gal 27/11/2026 21:13

Catro candeas que se irán acendendo semana a semana, cada domingo ata o Nadal. É o elemento central das coroas de advento, unha das pezas ornamentais das festas que se achegan.

"Hai moito doutro tipo de coroas  e incluso peticións de talleres, de materiais e non só os verdes, tamén dos atrezzos para poder facer as composicións", explica Eva María Fariña, responsable creativa de Arte Floral Calvo. 

Nieves Díaz, propietaria da floraría Espora, prepara estes días os pedidos de coroas que lle chegan desde empresas e fogares.

"Para as portas da casa en tamaño pequeno e logo xa tamaños máis grandes sobre todo para locais comerciais e decoracións a nivel empresa".

Imparte talleres nos que aprender a técnica: un aro con pólas verdes é a base á que se lle poden engadir pezas decorativas ao gusto de cada quen.

"Poden vir facela aquí, aprender e personalizala como eles queiran; e logo o ano que vén podes gardar a base e facela ti na casa. A veces se temos unha leira cun pouco de verde e os restos da poda pode saír unha cousa preciosa", di Nieves.   

E se a tradición cristiá aporta as candeas, hai outras versións:

"Polo tema de decoración, polo tema pagán a a portación son as luces tipo led ou lámpada en grilandas ou candeas independientes", matiza Eva María.  

As coroas de advento son un clásico que se reinventa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar