ÚLTIMA HORA
Atopan o corpo sen vida dunha persoa aboiando no mar en Cee
Os servizos de emerxencias sacaron a persoa da auga, preto dunhas escaleiras, pero nada puideron facer por salvarlle a vida
O corpo sen vida dunha persoa foi atopado na tarde deste venres aboiando no mar en Cee.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 17:30 horas desta tarde. Segundo informou a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, un particular contactara con eles logo de que aparecese un corpo no antigo estaleiro, na rúa da Mariña.
Sen agardar, desde a sala de operacións do 112 Galicia compartíronse os datos co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e coa Garda Civil.
Os medios presentes no lugar indicaron que sacaran a persoa da auga, pois aparecera aboiando no mar, preto dunhas escaleiras. Porén, nada puideron facer por salvarlle a vida.
#AXEGAInforma de que foi achado o corpo sen vida dunha persoa no mar en Cee. 📍Antigo estaleiro, rúa da Mariña. ▶️ Foi achado por un particular. 🔗https://t.co/Jl0pxmie0w https://t.co/njoQOm33eY
— 112 Galicia (@112Galicia) November 27, 2026