O mosquito tigre aséntase en cinco concellos galegos
A especie ten presenza en 22 concellos galegos
A especie está establecida en cinco concellos da ría de Vigo: Moaña, Vigo, Cangas, Vilaboa e Redondela
O Comité Técnico do Mosquito Tigre confirma que a especie xa está establecida en cinco municipios galegos. Vigo, Moaña, Redondela, Vilaboa e Cangas entran en estadio 2, o que significa que a erradicación do insecto é inviable. En total, destectouse a presenza da especie en 22 concellos galegos.
O primeiro mosquito tigre en Galicia detectouse en agosto do 2023 en Moaña e actualmente os efectos da especie vense reflectidos na cidadanía.
"Este ano si que hai un predominio de picaduras de mosquitos tigre", explica o farmacéutico Adrián Leiro.
A actividade do insecto aglutínase nos días de verán, polo que a súa actividade cae nos meses de frío. A pesar de que durante os vindeiros meses non se espere unha repunta de picaduras, os expertos recomendan non baixar a garda, pois o balance do ano deixa cifras significativas con case 800 picaduras en Vigo e 420 en Moaña.
A dor non é a única das consecuencias das picaduras; o maior perigo desta especie invasora é que actúa como transmisor de virus graves como o dengue ou o zika.
Con certa preocupación, a poboación terá que aprender a convivir co insecto tras as declaracións do Comité Técnico do Mosquito Tigre. Aínda que a especie ten presenza constatada en 22 concellos galegos, por agora so nos veciños dos cinco concellos da ría de Vigo quen vivirán para sempre co mosquito tigre.