Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas hospitalizadas por un posible escape de gas nunha casa en Montederramo

Dúas persoas hospitalizadas por un posible escape de gas nunha casa en Montederramo

O suceso aconteceu este xoves á noite, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular alertando de que había unha persoa inconsciente na vivenda 

A vivenda seguía coas ventás abertas para ventilar.
G24.gal 27/11/2026 14:35

O dispositivo de emerxencias mobilizado ata o concello ourensán de Montederramo causou sorpresa. A veciñanza espertou coa noticia de que dúas persoas veciñas foran trasladadas ao hospital por unha posible intoxicación de gas butano.

Sorpendente é tamén e que ningún veciño ou veciña soubo identificar ben a identidade das persoas afectadas. 

Era de noite e moitos aseguran que ou non estaban ou non se decataron. Por sorte, unha das dúas persoas puido alertar o 112 de que a outra estaba medio incosciente. E puideron salvar a vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade