Cargando resultados...
Desaloxada unha escola infantil de Poio por un forte cheiro a gas
Desaloxaron todas as persoas que había no interior, 45 nenos e seis profesoras, e todos se atopan en bo estado
A empresa encargada da subministración procedeu a precintar a caldeira
G24.gal
24/02/2026 13:12
As forzas de seguridade procederon a desaloxar unha escola infantil en Poio. Os feitos ocorreron sobre as 11:30 horas deste martes tras detectarse un forte cheiro a gas. Ata o lugar desprezáronse os Bombeiros, a Garda Civil e a Policía Local de Poio. Desaloxaron todas as persoas que había no interior, 45 nenos e seis profesoras, e todos se atopan en bo estado.
Segundo as primeiras hipóteses, puido deberse a unha mala combustión da caldeira. A empresa encargada da subministración procedeu a precintar a caldeira.