Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un novo incendio nun garaxe de Vigo obriga desaloxar os veciños

Un novo incendio nun garaxe de Vigo obriga desaloxar os veciños

O mesmo garaxe ardera hai tan só dous días 

Un coche quedou calcinado por completo, mentres que outro resultou parcialmente afectado

G24.gal 18/10/2026 19:34 Última actualización 18/10/2026 20:14

Un novo incendio no garaxe dun edificio do barrio de Teis, en Vigo, que xa ardera o venres mobilizou os Bombeiros de Vigo durante a tarde deste domingo. O veciños do edificio tiveron que ser evacuados e a rúa Sanjurjo Badía cortada.

O 112 Galicia recibiu información sobre o suceso a través dun particular ao redor das 16:50 horas. Este avisou de que había un coche ardendo na primeira planta do garaxe que provocara unha gran columna de fume negro na súa contorna.

Unha vez rematada a intervención, os efectivos do parque municipal confirmaron que ardeu un coche por completo, mentres que outro quedou parcialmente afectado.

A Policía nacional investiga a orixe do lume. Todo apunta a que podería ser intencionado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade