Cargando resultados...
Activo un incendio forestal na parroquia de Visma, na Coruña
Ata o momento están mobilizados 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros
G24.gal
18/10/2026 19:15
Este domingo, arredor das 18:20 horas, rexistrouse un incendio forestal na parroquia de Visma, na Coruña. O incendio afectou, segundo as últimas estimacións, a cinco hectáreas.
Arestora, os efectivos traballan para apagar o lume.
Ata o momento están mobilizados 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 e a aplicación móbil ALume para avisar en caso de incendio forestal, así como outro teléfono (900 815 085) para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento ou sospeita.