Cargando resultados...
Activo un incendio forestal en Forcarei con máis de 20 hectáreas queimadas
O lume iniciouse na madruada deste sábado
Imaxe de arquivo
G24.gal
17/10/2026 13:14
Permanece activo desde as 05:58 horas deste sábado un incendio forestal no concello pontevedrés de Forcarei, parroquia de San Miguel de Presqueiras. Segundo as últimas estimacións provisionais, supera as 20 hectáreas queimadas.
Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 1 técnico, 7 axentes, 6 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 1 avión e 3 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 e a aplicación móbil ALume para avisar en caso de incendio forestal, así como outro teléfono (900 815 085) para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento ou sospeita.