Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural avanza que o día 20 vai iniciar o aboamento do anticipo da campaña da PAC

Medio Rural avanza que o día 20 vai iniciar o aboamento do anticipo da campaña da PAC

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ademais reclamou prezos xustos para as persoas agricultoras e gandeiras 

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 03/10/2026 17:36

O próximo día 20 deste mes vaise a iniciar o pago dos 47 millóns de euros do anticipo da campaña da Política Agraria Común (PAC) co obxectivo de favorecer a disposición de liquidez dentro do sector agrogandeiro ante o actual contexto de incremento dos custos de produción.

O anuncio deuno a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, este sábado na Veiga (Ourense), municipio que visitou con motivo da inauguración da sexta Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca.

"Desde a Xunta traballamos con seriedade e rigor para facilitar a situación", defendeu, e o comunicado enviado posteriormente á prensa lembra o compromiso cos profesionais do sector a través da mobilización de 2,6 millóns de euros en axudas para compensar o incremento do custo do gasóleo agrícola e fertilizantes.

Isto é para contribuír á viabilidade das explotacións, avanzou, e reclamou a representante autonómica, ademais, prezos xustos para as persoas agricultoras e gandeiras, que reciban o que lles corresponde polos seus produtos de "excelente calidade".

Animou igualmente os mozos para traballar neste sector e adiantou que se publicará en breve a resolución da convocatoria de axudas para a incorporación de mozas ao agro, así como dos plans de mellora asociados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade