Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo estrea a nova estación do tren despois de dous anos e medio de obras

Lugo estrea a nova estación do tren despois de dous anos e medio de obras

A estación entra en funcioamento sen acto de inauguración debido á campaña electoral

G24.gal 24/11/2026 08:37

Primeiras horas de funcionamento da nova estación do tren de Lugo que abre as súas portas dous anos e medio despois de iniciárense as obras.  O primeiro tren programado foi o Intercity, que saiu ás 05:18 horas con destino a Madrid Chamartín - Clara Campoamor.

Cun investimento de máis de 31 millóns de euros destinados á construción da nova terminal, a estación conta cun paso inferior e outras actuacións de urbanización na contorna e melloras do sistema viario.

A estación de tren forma parte do proxecto de Estación Intermodal de Lugo, que se completa coa construción, con financiamento da Xunta, da nova estación de autobuses e o aparcamento subterráneo. Estoutro equipamento aínda non está aberto.

O investimento total na intermodal supera os 49 millóns de euros, con 31 millóns achegados por Adif e máis de 4 millóns que pon o Concello de Lugo. A achega da Xunta de Galicia, que está a executar as instalacións da estación de autobuses e o aparcamento subterráneo, completa o orzamento.

O contexto electoral impediu a celebración dun acto inaugural co gallo da apertura do novo estación, como sucedeu, por exemplo, en Santiago en 2025. A lei prohibe realizar calquera acto de inauguración de obras ou servizos públicos desde a convocatoria dos comicios ata a súa celebración.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade