Publicador de contidos

Publicador de contidos

A falta de trens pola folga obriga a buscar medios alternativos de transporte

A falta de trens pola folga obriga a buscar medios alternativos de transporte

O autobús é o medio máis recorrido, ante o elevado prezo que alcanzan os billetes de avión

G24.gal 17/11/2026 14:16

Estacións de autobuses ateigadas de viaxeiros que buscan na estrada unha alternativa ao transporte ferroviario.

"Non podemos coller tren. Estamos agardando a ver que podemos facer", di unha viaxeira.

A moitos viaxeiros a cancelación do seu tren chegoulles no límite para non perder outras conexións e poder chegar ao seu destino.

"Teño que chegar para coller un voo na Lavacolla. Notificaron a cancelación do tren ás 12 da noite. Entón, ás 7 da mañá tiven a sorte de coller este autobús para chegar a Santiago", explica unha usuaria.

E a outros, a folga nos servizos ferroviarios obrígaos a prolongar o tempo de viaxe previsto.

"Vou a Valencia. Teño que coller un autobús a Madrid e outro de alí a Valencia".

Mercar un billete de autobús é a opción máis recorrida. Pero tamén o vehículo privado.

"Teño que ir co coche buscar unha viaxeira".

E iniciar os trámites para o reembolso do servizo cancelado.

"No SMS pon que non garanten a alternativa de outro transporte. O que si fan é aboar o importe", asegura unha viaxeira.

Un importe que se dispara no caso do transporte aéreo. Coller un avión entre Santiago e Madrid roza os 600 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade