Cargando resultados...
Estes son os números máis buscados para o sorteo de Nadal
Datas que marcaron o ano, aniversarios, todo serve para buscar o décimo perfecto
G24.gal
17/11/2026 14:09
Hai quen estes días busca un décimo que lle diga algo, o que un chama un presentimento. Unha data especial ou un acontecemento que marcou o ano, como pode ser a eclipse, o mundial, datas de nacementos ou mesmo o ano.
Tamén hai terminacións que nunca pasan de moda. O 3, o 5 e o 7 son case os primeiros en esgotarse. Hai quen di que a sorte hai que buscala, e cadaquén ten a súa fórmula. E así a ilusión está garantida. O Gordo, aínda non.