Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de dous millóns de euros de desfasamento nas papeletas do terceiro premio de Nadal en Biscaia

Máis de dous millóns de euros de desfasamento nas papeletas do terceiro premio de Nadal en Biscaia

Como pasou en Villamanín, o club de rugby da localidade vasca de Igorre vendeu 225 participacións máis da conta 

Din que se deron conta esta semana cando acabaron os cartos e quedan un cento de agraciados por cobrar

A Ertzaiantza informou este xoves que leva rexistradas oitenta denuncias desde o martes en relación co caso

 

 

 

G24.gal 07/05/2026 15:18

O 22 de decembro pasado correu o cava en Igorre, porque o terceiro premio do sorteo da lotería de Nadal deixaba nesta poboación de Biscaia duns catro mil habitantes, máis de 14 millóns de euros. Os agraciados foron moitos, porque a fortuna estaba repartida en participacións de catro euros do club de rugby local.

Pero, igual que pasou en Villamanín, hai máis papeletas ca décimos. No club din que venderon 1425, 225 máis das que están avaladas polos correspondentes décimos, o que supón un desfasamento de máis de dous millóns de euros. As reaccións non se fixeron agardar.

"Eu quero o meu e punto!".

"Pero vanllo quitar a quen xa cobrou?... E se xa o gastou, que?".

No club foron pagando os premios ata que este martes se acabaron os fondos e saltaron as alarmas porque aínda queda un cento de agraciados por cobrar. 

A Ertzaiantza informou este xoves que leva rexistradas oitenta denuncias por impago. No club aseguran que foi un erro para o que están buscando solución, pero a estas alturas é dificil que poida ser cunha quitación xeral coma en Villamanín. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade