Rosalía convértese na primeira española nomeada a nove Grammy
Sumando os apartados técnicos, o disco opta a 11 recoñecementos diferentes nesta edición dos premios
É a primeira artista española e de música en español nomeada a nove categorías nunha soa edición
A andaluza Nieves González opta ao Grammy por mellor portada de Álbum
Rosalía na gala dos Latin Grammy 2026 (Europa Press, Humberto Servin).
A artista catalá Rosalía fai historia na 69ª edición dos Grammy tres meses antes da súa celebración. A cantante está nomeada en nove categorías por diferentes cancións do seu álbum Lux. Rosalía é a primeira artista en español nomeada en case unha decena de categorías á vez.
Entre as categorías nas que está nomeado o seu cuarto álbum de estudo destacan o recoñecemento a mellor álbum do ano, mellor canción e mellor grabación para Berghain. Os galardóns aos que aspira o próximo 7 de febreiro son: Álbum do Ano e Mellor Álbum de Música Aternativa; Grabación do Ano, Canción do Ano e Mellor Vídeo Musical, por Berghain; Mellor Interpretación Pop, por Sauvignon Blanc; Mellor Interpretación de Música Alternativa, por Reliquia; Mellor Interpretación de Música Global, por Porcelana e Mellor Canción Latina, por La Perla.
A estas categorías súmanselles dous de apartados técnicos polo álbum Lux: a mellor produtor do ano, no cláisco (Noah Goldstein) e produción, enxeñería de grabación, como posición e arreglos.
As nominacións de Rosalía chegan días despois de que a artista acadara seis galardóns por Lux nos Latin Grammy, converténdose na primeira artista en lograr tres álbumes de estudo consecutivos con este recoñecemento: Lux, Motomami e El mal querer.
Rosalía non é a única española nomeada a un galardón. A andaluza Nieves González está nomeada xunto a Leith Clark á mellor portada de Álbum polo disco de Lilly Allen.