Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sorteo Extraordinario do 11/11 da ONCE deixa un premio dun millón de euros en Ourense

O Sorteo Extraordinario do 11/11 da ONCE deixa un premio dun millón de euros en Ourense

Galicia recibe un total de 1.074.000 euros, con premios tamén nas provincias de Pontevedra e A Coruña

Cupóns da ONCE (Arquivo) Cupóns da ONCE (Arquivo)
G24.gal 12/11/2026 13:18 Última actualización 12/11/2026 13:48

O Sorteo Extraordinario do 11/11 da ONCE deste mércores, día no que se celebraba o San Martiño na cidade, deixou en Ourense un premio dun millón de euros.

O cupón premiado foi repartido polo vendedor Antonio Vázquez Vilarroya dende o seu punto de venta habitual, fronte ao hipermercado Lidl do barrio ourensán do Pino, segundo o informado pola organización mediante un comunicado. E, ademais deste premio millonario, repartiu máis de 17 cupóns premiados con 2.000 euros cada un, os cales suman uns 34.000 euros máis.

O vendedor, que traballou durante 20 anos nunha fábrica e tan só levaba 7 meses neste traballo, afirma que nunca imaxinara que puidese repartir tanto diñeiro e poder "ter unha sensación tan boa de facer felices a moitas persoas".

Máis premios repartidos en Galicia

Galicia recibiu en total 1.074.000 euros do Sorteo Extraordinario do 11/11 da ONCE, incluíndo premios nas provincias de Pontevedra e A Coruña, que se suman ao de Ourense.

A Coruña, pola súa parte, recibiu un total de 38.000 euros da man do vendedor José Carlos Allegue Moreno, quen repartiu nove cupóns de 2.000 euros, o que supón un total de 18.000 euros, na súa ruta de venta de Ares e Mugardos. Ademais, a vendedora Gabriela Recouso Fariña repartiu dez cupóns de 2.000 euros na súa zona de venta do Centro Comercial Marineda City, sendo un total de 20.000 euros.

E o premio repartido na provincia de Pontevedra, foi vendido na praza da Igrexa de Ponteareas polo vendedor José Ángel Presa Boullosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade