Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prometen un cruceiro eterno a dous xubilados estadounidenses e remata durando 17 meses

Prometen un cruceiro eterno a dous xubilados estadounidenses e remata durando 17 meses

Debido aos elevados prezos do combustible, os pasaxeiros víronse obrigados a abandonar o barco

O cruceiro Odissey
G24.gal 12/11/2026 12:31 Última actualización 12/11/2026 13:12

No cruceiro Odissey viaxaban 203 persoas, ás que lle prometeron que esta viaxe ía ser eterna. Porén, o soño destas persoas de pasar o resto da súa vida recorrendo o mundo nun barco, truncouse como consecuencia dos elevados prezo do combustible, e tan só durou 17 meses. 

É o caso de Lynn e Paul, unha parella de 60 anos que se cansou da vida que tiñan en Wyoming e que tomaron a decisión de viaxar neste cruceiro debido a que pensaron que sería "unha grande oportunidade para coñecer o mundo".

No caso destes estadounidenses, o camarote custoulles 179.000 dólares pero afirman que hai xente que chegou a pagar medio millón. Para poder permitirse pagar a viaxe no Odissey tiveron que vender tanto a súa casa como os seus coches polo que agora xa non teñen a onde ir. Este é só un caso dos relatos de máis de douscentos pasaxeiros, dos que as vivendas de moitos deles remataron en mans dun banco.

Segundo o capitán do cruceiro, a orde de abandonalo débese a que "os prezos do combustible están moi altos". Dende a guerra de Irán, o custo de encher o depósito deste tipo de cruceiros multiplicouse por tres.

Aínda así, a drástica decisión de que o cruceiro non continuase a viaxe, non foi tomada dende o inicio senón que nun primeiro momento solicitaron aos pasaxeiros que achegasen unhas contribucións extras, e chegaron a pagar ata 6.000 euros mensuais. Pero, a pesar disto, as contas seguían sen dar.

Esta semana a pasaxe desembarcou nun porto de Camboxa, poñendo fin definitivo ao soño dos 203 pasaxeiros, os cales marcharon coas pertenzas que puideron cargar e coas súas mascotas pero, moitos deles, sen unha casa á que regresar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade