Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Estados Unidos autorizan as operacións con diésel ruso ata abril de 2027

Os Estados Unidos autorizan as operacións con diésel ruso ata abril de 2027

Donald Trump, anunciou este venres un acordo "transcendental" co seu homólogo ruso, Vladimir Putin, para reducir o prezo do combustible

O acordo continuará coa subministración de "outras 500.000 toneladas durante o mes de novembro e 1.000.000 de toneladas inmediatamente despois", dixo Trump

Trump e Putin, no comio de Alaska de agosto de 2025 Trump e Putin, no comio de Alaska de agosto de 2025
G24.gal 09/10/2026 21:15 Última actualización 09/10/2026 22:26

Estados Unidos autorizou temporalmente as operacións relacionadas coa venda, entrega, descarga e importación de diésel de orixe rusa, incluída a súa entrada no mercado estadounidense, ata o 7 de abril de 2027, malia as sancións impostas contra Moscova.

A licenza da Oficina de Control de Activos Estranxeiros (OFAC) permite estas operacións a pesar das sancións contra Rusia, pero mantén as restricións aos pagamentos a través de contas de tres organismos financeiros do Estado ruso.

Previamente, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegurou que acordara co seu homólogo ruso, Vladímir Putin, a subministración inmediata de máis de 300.000 toneladas de combustible diésel aos mercados de todo o mundo, incluído o estadounidense.

Trump engadiu que «ademais, en función do estado das súas refinerías de diésel, Rusia entregará posteriormente —nun breve prazo— 3.000.000 de toneladas de combustible diésel».

A medida supón unha flexibilización temporal das sancións estadounidenses que permite retomar as operacións comerciais con diésel ruso, incluída a súa importación aos Estados Unidos.

A autorización estará vixente ata o 7 de abril de 2027, aínda que non permite realizar cargos en contas de tres organismos financeiros do Estado ruso.

Estados Unidos prohibiu as importacións de petróleo e produtos petrolíferos rusos o 8 de marzo de 2022, tras a invasión rusa de Ucraína, como parte das sancións destinadas a reducir os ingresos enerxéticos de Moscova.

A prohibición entrou en vigor de inmediato, aínda que se permitiu liquidar determinados contratos anteriores ata o 22 de abril dese ano.

A nova medida chega nun momento de presión sobre o mandatario republicano polo incremento do prezo dos combustibles no contexto da guerra con Irán e unha considerable caída da súa popularidade a poucas semanas das eleccións lexislativas dos Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade