Rusia porá no mercado milleiros de barrís de diesel tras un acordo con Trump
Moscova prevé liberar tres millóns de toneladas de combustible para que os prezos baixen
Kiev considera o acordo "impropio dun alidado" porque implica suavizar as sancións a Rusia
Trump atende aos medios tras anunciar o acordo con Putin
Donald Trump anunciou que Rusia inxectará, de inmediado, no mercado estadounidense e no mundial , 300 mil toneladas de gasóleo. Así o acordou con Vladimir Putin tras unha conversa telefónica.
O presidente dos Estados Unidos fala dun gran acordo que permitirá que os prezos baixen.
A nova caeu como un xerro de auga fría en Ucraína. Nun comunicado O presidente Volodimir Zelenski fala dun acto "deshonesto e impropio dun aliado" os Estados Unidos terán que suavizar ás sancións a Rusia. Á vez, Moscova obterá fondos adicionais para a guerra. E todo isto, engade Zelenski, cando enviados de Kiev están en Florida negociando con emisarios de Trump as fórmulas para un acordo de paz.
A noticia prodúcese a menos dun mes para as eleccións de medio mandato nos Estados Unidos do próximo tres de novembro. Segundo as enquisas de intención de voto, os demócratas avantaxan en seis puntos aos republicanos.
Uns comicios marcados pola caída da popularidade do presidente Trump, lastrada polo encarecemento do custo da vida e pola guerra en Irán.