Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ataque ruso contra a cidade ucraína de Kramatorsk deixa polo menos 30 falecidos

Un ataque ruso contra a cidade ucraína de Kramatorsk deixa polo menos 30 falecidos

Unha bomba aérea alcanzou un autobús con pasaxeiros a bordo

Morren 22 persoas e 54 quedan feridas nun ataque con mísiles rusos en Ucraína

Policía Nacional de Ucraína vía Reuters Policía Nacional de Ucraína vía Reuters
G24.gal 08/10/2026 12:38

Polo menos 30 persoas morreron na cidade ucraína de Kramatorsk, no leste do país, como consecuencia dun ataque ruso con bomba aérea que alcanzou un autobús dentro da localidade, segundo o último balance ofrecido pola Fiscalía da rexión de Donetsk.

No balance previo, o presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, e as autoridades rexionais e locais deran a cifra de 12 falecidos.

O mandatario dixo que Rusia lanzou unha bomba aérea contra a cidade que impactou contra unha parada de autobús.

O Concello de Kramatorsk afirmou que o ataque alcanzou un autobús con pasaxeiros a bordo.

A Fiscalía da rexión de Donetsk publicou imaxes de polo menos un autobús e outros vehículos calcinados xunto a corpos pixelados que xacen sobre unha calzada chea de cascotes.

Segundo o comunicado publicado pola institución, "no epicentro" da explosión había dous autobuses.

A Fiscalía apunta a que Rusia utilizou unha bomba aérea planadora UMPB D-30 SN neste ataque que as autoridades ucraínas investigan como un crime de guerra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade