Ucraína ataca de novo con drons a ponte de Crimea
É o segundo ataque masivo de Kíiv sobre territorio ruso en 24 horas
Moscova responde cunha nova ofensiva sobre as infraestruturas ucraínas provocando danos en dúas pontes
Reuters
Rusia volveu atacar con mísiles e drons a capital ucraína, provocando danos en dúas das pontes que conectan ambas beiras do río Dniéper, que atravesa e divide en dúas a capital ucraína. Trátase da ponte norte e sur, pechadas temporalmente ao tráfico tras seren alcanzadas en repetidas ocasións en ataques rusos nas últimas semanas.
O peche temporal destas infraestruturas afecta o movemento do metro entre as dúas beiras do río Dniéper, xa que a liña verde do Metro, que conecta ambas marxes de Kíiv, pasa nun dos seus tramos pola ponte Pivdeni.
As autoridades ucraínas advertiron recentemente de que Rusia busca dificultar o movemento entre as metades oeste e leste de Ucraína con bombardeos constantes.
O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, xa advertira que Rusia preparaba un ataque destas características, e Kíiv respondeu a esta acción realizando o seu segundo ataque masivo con drons sobre territorio ruso. A ponte de Crimea, que une a anexionada península con Rusia Occidental, foi de novo o seu obxectivo.
Segundo o Ministerio de Defensa de Rusia. as defensas antiaéreas derribaron nas últimas horas 1.441 drones enimigos nunha vintena de rexións do país.