Rusia derruba 1.336 drons ucraínos nun dos maiores ataques da guerra
Os drons golpearon obxectivos en quince rexións da parte europea de Rusia
O exército ucraíno atacou ademais a ponte de Crimea, o que obriga a interromper o tráfico rodado
Ataque con drons contra un complexo industrial situado na República rusa de Tartaristán (Reuters)
As defensas antiaéreas rusas derrubaron esta noite 1.336 drons nun dos maiores ataques ucraínos de toda a guerra contra territorio do país veciño, segundo informou este luns o Ministerio de Defensa de Rusia.
Os drons golpearon obxectivos en quince rexións da parte europea de Rusia, entre eles unha refinería na rexión sureña de Rostov, e na anexionada península de Crimea.
O alcalde de Moscova estima en 191 os aparellos non tripulados abatidos cando se dirixían á capital entre o domingo á tarde e a mañá deste luns.
O gobernador, Yuri Sliusar, informa de incendios en catro instalacións industriais da rexión e danos en dúas subestacións eléctricas e unha ponte, que deixaron polo menos unha persoa morta e outras catro feridas.
A isto hai que sumar o lume que se declarou noutra empresa alcanzada en la veciña rexión de Krasnodar, onde se rexistraron tres feridos, segundo as autoridades locais.
Ucraína ataca a ponte de Crimea
O exército ucraíno atacou este luns a ponte de Crimea, o que obriga a interromper o tráfico rodado.
"O inimigo lanzou un ataque contra a ponte de Crimea. Por iso, o transporte estará restrinxido ata a metade da xornada", explicou o xefe da República anexionada nas súas redes sociais.
Anteriormente, as autoridades informaran sobre atrasos na circulación de catro trens debido ao peche da ponte que une a península co resto de la Rusia continental.
O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, asegura que os ataques perpetrados nas úlitmas semanas contra instalacións industriais rusas permitiron deter un 55 % das actividades de refinado en Rusia.
Kíiv intensificou os seus ataques tras a negativa rusa a declarar unha tregua enerxética nas últimas negociacións tripartitas en Abu Dabi. Este xoves, o presidente ruso, Vladímir Putin, reunirase na China cos líderes dos Estados Unidos, Donald Trump, e do xigante asiático, Xi Jinping.