Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un militar estadounidense é detido en Reino Unido por cargos vinculados a Rusia

Un militar estadounidense é detido en Reino Unido por cargos vinculados a Rusia

O director do FBI, Kash Patel, relaciona a detención con acusacións de espionaxe

Policía británica nunha operación (Europa Press). Policía británica nunha operación (Europa Press).
G24.gal 10/11/2026 21:02 Última actualización 10/11/2026 21:25

A Policía antiterrorista británica detivo este martes a un membro do Exército dos Estados Unidos por cargos contra a lei de Seguridade Nacional do Reino Unido que están vinculados con Rusia. 

O home de 41 anos foi detido nos alrededores da cidade de Gloucester, no suroeste de Inglatera. Segundo sinalou a Policía, traballaba en estreita colaboración co Exército estadounidense e o FBI. O sospeitoso está a ser interrogado nunha comisaría de Londres á vez que se rexistran dúas propiedades no condado de Gloucestershire.

A Policía descarta que esta operación estea relacionada con outras investigacións actuais pero non lle quita importancia. O director do FBI, Kash Patel, declarou que "esta importante detención está relacionada con acusacións de espionaxe". Pater ademais indicou que durante os últimos 21 meses, a Policía federal estadounidense realizou 167 detencións por contraintelixencia e espionaxe. Esta cifra supón un incremento dun 53 %.

Os corpos de seguridade implicados na operación agradecen a boa colaboración entre eles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade