Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ascenden a 24 os mortos nun ataque ruso a unha escola da rexión ucraína de Zaporiyia

Ascenden a 24 os mortos nun ataque ruso a unha escola da rexión ucraína de Zaporiyia

Para Zelenski, esta nova agresión "é unha proba máis de que Rusia non quere unha desescalada"

Equipos de rescate traballan no refuxio da escola bombardeada en Zaporiyia. Reuters Equipos de rescate traballan no refuxio da escola bombardeada en Zaporiyia. Reuters
G24.gal 02/11/2026 20:18

Polo menos 24 persoas morreron este luns na localidade de Komishuvaja, preto da fronte e na rexión ucraína de Zaporiyia, ao lanzar Rusia unha decena de bombas aéreas que impactaron sobre unha escola onde a poboación civil recibía axuda humanitaria, segundo un balance publicado polo Servizo de Emerxencias de Ucraína.

Entre os mortos hai dous integrantes dos equipos de rescate e catro policías, segundo a fonte.

"Os ataques foron dirixidos contra unha escola utilizada para propósitos humanitarios, a xente estaba a recibir axuda humanitaria alí", escribiu o presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, nas súas redes sociais ao condenar o ataque.

Zelenski informou nun primeiro momento da morte de 18 persoas, un balance revisado despois ao alza polo Servizo de Emerxencias.

O presidente ucraíno precisou que as forzas rusas lanzaron unha decena de bombas aéreas, que son explosivos de gran potencia con sistemas de navegación propios que se deixan caer desde avións.

Ademáis da escola, algunhas das bombas que seguiron ao primeiro impacto foron lanzadas sobre "o refuxio onde a xente se gorecía".

O presidente ucraíno explicou que os labores de rescate en busca de posibles vítimas mortais e de sobreviventes continuaban no momento en que ofreceu este primeiro balance.

Segundo explicou na súa conta de Telegram o responsable da Administración Militar Rexional de Zaporiyia, Mijailo Semikin, un gran número de persoas estaban "desaparecidas" despois do ataque.

"As operacións de procura e rescate seguen en marcha no lugar dos feitos. A loita por salvar cada vida continúa", segundo Semikin.

Pola súa banda, Zelenski destacou que "os rusos non podían non saber que cada semana os veciños que se quedaron en Komishuvaja reciben axuda humanitaria nese mesmo lugar (no que caeron as bombas)".

O presidente de Ucraína agregou que este ataque, con poucos precedentes polo número de bombas aéreas lanzado contra unha zona civil en curto espazo de tempo, "é unha proba máis de que Rusia non quere unha desescalada".

O presidente ucraíno pide "unha resposta contundente" da comunidade internacional 

"Despois da operación humanitaria en Oleshki", dixo Zelenski sobre a tregua de seis días que ambos os bandos declararon ata este domingo na fronte de Jersón para evacuar a poboación civil, "houbo un momento en que poderían darse novos pasos para demostrar que era posible avanzar cara a paz".

"Con estes crimes, Rusia envía un sinal totalmente oposto", concluíu o mandatario ucraíno, que pediu "unha resposta contundente e dura" da comunidade internacional contra Rusia por este ataque. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade