Publicador de contidos

Publicador de contidos

Finaliza a reunión de Carlos Cuerpo coas vítimas de Angrois sen compromisos en firme

Finaliza a reunión de Carlos Cuerpo coas vítimas de Angrois sen compromisos en firme

Segundo o que asegurou o presidente da Asociación Plataformas Víctimas Alvia ao final da reunión, o ministro de Transportes explicoulles que ten que estudar as medidas propostas

Carlos Cuerpo (Europa Press) Carlos Cuerpo (Europa Press)
G24.gal 10/11/2026 19:45 Última actualización 10/11/2026 20:32

A reunión celebrada este martes entre o vicepresidente primeiro do Goberno e novo ministro de Transportes, Carlos Cuerpo, e a Asociación Plataforma Víctimas Alvia, na que reclamaban a revisión da investigación da CIAF do accidente de Angrois e a anulación do sistema de sinalización e protección automática ferroviaria ASFA, rematou sen ningún compromiso en firme.

Carlos Cuerpo ten que estudar as medidas propostas, segundo o que asegura o presidente da Asociación. Entre estas medidas, tamén se atopa a o aceleramento da implantación e posta en servicio do sistema de seguridade ERTMS. 

Domínguez afirmou que nas vías de alta velocidade só se debe circular co sistema de seguridade en funcionamento e que se esto fóra así "xamais ocorrería o accidente de Angrois nin tampouco o de Urda". 

Por outra banda e con relación á investigación, o presidente da Plataforma tamén pensa que ao novo presidente da AITAT, que é a antiga CIAF e a encargada da investigación de accidentes ferroviarios, "se lle intentou dar un aire de independencia pero quen o propón é o ministro de Transportes". Ao contrario do que sucede coa axencia encargada de investigar estes accidentes nos Estados Unidos, a cal di que é "realmente independente" e a sitúa como un bo exemplo.

Tras esta reunión, Domínguez tamén confirmou que Cuerpo lles convocou a outra reunión o vindeiro martes, ao cal contestáronlle dicindo que non lles chame se non recoñece que se debe reabrir a investigación de Angrois.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade