Zelenski pide axuda na XXX Cumbre Iberoamericana para manter os sistemas enerxéticos
O presidente pide axuda "o antes posible" para evitar que "Rusia poida provocar un apagón total en Ucraína"
Tras a conferencia, o ucraniano reuniuse co rei Felipe VI en Zarzuela
O presidente de Ucraína, Vlodímir Zelenski, pide axuda "o antes posible" a todos os líderes reunidos na XXX Cumbre Iberoamericana celebrada en Madrid. A súa preocupación céntrase en conseguir manter operativos os sistemas enerxéticos de Ucraína pese aos constantes ataques rusos.
"Pídolles axuda para entrar en contacto coas súas compañías, os seus produtores, para obter suministros para Ucrania o antes posible", dixo ante os demas líderes iberoamericanos. Concretamente, pediu encarecidamente axuda a Brasil, México, Arxentina e Colombia polos seus transformadores, a Chile polos seus cables e a España polos seus equipos eléctricos e xeradores.
As súas reiteradas peticións viñeron acompañadas de desculpas: "Sinto falar con tanto detalle, pero isto é moi importante, necesitamos que sexan equipos compatibles coa nosa rede eléctrica e os necesitamos rapidamente". Zelenski destacou como principal desafío para Ucraína resistir ante os ataques rusos ás súas centrais e rede eléctricas, non sen esquecerse dos operarios que "traballan as 24 horas" para solventar os danos e conseguer que "Rusia non poida provocar un apagón tota en Ucraína".
Unha estadía en España con parada na Zarzuela e Moncloa
Tras a Cumbre, o presidente Ucraniano reuiniuse co rei Filipe VI na Zarzuela. Como é costumbre neste tipo de actos, o rei Filipe VI e Zelenski fixeron unha foto principal para os medios de comunicación antes do comezo do encontro.
Neste acompañáronlles a ministra de Defensa, Margarita Robles, e a embaixadora de España en Ucraína, Adela Díaz Bernández. Ucraína tamén contaba con máis representantes do seu Estado, coa embaixadora de Ucraína en España, Yulia Sokolovska, e o xefe adxunto da oficina do presidente de Ucraína, asesor de Asuntos Exteriores, Igor Zhovka.
Unha vez finalice a reunión do presidente de Ucraína e o rei Filipe V, Zelenski ten axendado un encontro co presidente Sánchez no Palacio da Moncloa.