Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Cuerpo asume as competencias de Transportes tras a dimisión de Puente

ÚLTIMA HORA

Carlos Cuerpo asume as competencias de Transportes tras a dimisión de Puente

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, valora a decisión de Óscar Puente: "O noso deber é horar o xesto e seguir traballando"

O presidente do Goberno durante a conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros. Eduardo Parra / Europa Press O presidente do Goberno durante a conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros. Eduardo Parra / Europa Press
G24.gal 04/11/2026 09:28 Última actualización 04/11/2026 10:19

O vicepresidente primeiro e ministro de Economía, Carlos Cuerpo, asumirá transitoriamente as competencias do Ministerio de Transportes de Mobilidade Sostible tras a dimisión este martes do ministro Óscar Puente.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou o cambio nunha declaración institucional no Palacio da Moncloa logo de de que Puente anunciase a súa renunica tras o accidente ferroviario de Urda (Toledo) que provocou a morte de 69 persoas.

Debido á proximidade das eleccións do 29 de novembro, Sánchez decidiu non nomear a un novo ministro e que sexa o seu vicepresidente primeiro quen asuma as competencias dese departamento.

Na declaración, Sánchez agradeceu o traballo de Óscar Puente, que dixo que renuncia "por empatía e dignidade", "decisión que acepto con gratitude e respecto".

O presidente do Goberno valorou que Puente "deu a cara" e ofreceu "explicacións e solucións", e despois deu "un pasao a un lado". "Fíxoo para demostrarlle ás vítimas o seu repecto e para demostar que non todos os servidores públicos somos iguais".

"Coa súa renuncia axuda a que España recupere a confianza no sistema ferroviario", conclíu Pedro Sánchez: "O noso deber é honrar ese xesto e seguir trabalando".

De Carlos Cuerpo dixo que "demostrou unha enorme capacidade de xestión e talante". "Fará un gran traballo e dará continuidade", afirmou Pedro Sánchez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade