Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos 39 falecidos tras chocaren dous trens de pasaxeiros en Toledo

ÚLTIMA HORA

Polo menos 39 falecidos tras chocaren dous trens de pasaxeiros en Toledo

Os convois, un de Renfe e outro de Iryo, colidiron na estación de Urda contra as 8:54 da mañá

Dous vagóns do Iryo descarrilaron e caeron por un terraplén

A circulación ferroviaria entre Madrid, Andalucía e Cidade Real está interrompida

directo
G24.gal 28/10/2026 09:30

Dous trens de pasaxeiros chocaron na mañá deste mércores na estación da localidade toledana de Urda. O suceso tivo lugar ás 8:54 horas entre Mora, Orgaz e Urda, no punto quilométrico 118, entre un tren de Renfe e outro da compañía Iryo, que cubrían o traxecto entre Madrid e Sevilla.

Fontes do Ministerio de Transportes apuntan a que un AVE de Renfe colidiu por alcance con un tren Iryo por detrás, o que fixo que dous dos vagóns deste descarrilaran e caeran por un terraplén. As primeiras informacións facilitadas por emerxencias de Castela A Mancha, hai polo menos, 39 falecidos.

Segundo informa Adif, foi un accidente por "alcance" que interrompe a circulación na liña de alta velocidade Madrid-Andalucía.

Adif explica que na colisión víronse implicados un tren de Renfe e outro de Iryo.

No lugar están a traballar efectivos do parque de bombeiros de Alcázar de San Juan e Orgaz, Protección Civil, tres helicópteros sanitarios e dúas UVI.

Fontes de Renfe sinalan que enviou xa persoal cara ao lugar do sinistro e confirman que a compañía habilitou xa cambios e anulacións de billetes para os pasaxeiros afectados.

Urda habilita un pavillón municipal para atender os afectados

O alcalde da localidade toledana de Urda avanza que vai habilitar un pavillón municipal para atender a posibles feridos no sinistro ferroviario.

O sinistro produciuse nunha vía situada a uns oito quilómetros do municipio, e tanto a Policía Local como a Garda Civil da localidade enviaron efectivos. "Nós estamos co persoal do Concello preparando isto por se fixese falta", apunta o rexedor.

Sanidade mobiliza todos os seus recursos e comezan a chegar apoios desde as comunidades autónomas

A ministra de Sanidade, Mónica García, asegurado que o seu departamento está mobilizando todos os seus recursos e actuando en coordinación coas instituciones competentes ante la magnitude do accidente ferroviario.

Desde Madrid viaxan xa 8 dotacións de bombeiros e 8 recursos do SUMMA 112 e habilitaron un posto de atención psicosocial ás vítimas. Tamén a Junta de Andalucía enviou UVI móbiles e aoio loxístico para atender os afectados. 

Activado o plan de asistencia ás víctimas de accidentes ferroviarios e os seus familiares 

A Junta de Castela-A Mancha activou ás 9:15 horas o Plan Territorial de Emerxencia en Toledo.  Renfe informou este mércores de que se activou o plan de asistencia ás vítimas de accidentes ferroviarios e aos seus familiares tras o accidente de tren ocorrido á primeira hora desta mañá en Urda. A compañía ferroviaria puxo ao dispor dos familiares o teléfono de atención 900 10 10 20.

O presidente Emiliano García-Page cancelou toda a súa axenda e viaxa xa cara Urda para seguir de preto as informacións relacionadas co accidente ferroviario.

O Goberno e todos os partidos, agás Vox, cancelan as súas axenda polo accidente ferroviario

O accidente de tren de Toledo alterou a axenda política deste martes. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, comunicou que suspende a súa presenza na clausura do  Cume Mundial da Obesidade 2026 que se celebra en Madrid para seguir ao detalle a evolución do accidente ferroviario de Toledo. Tamén os seus ministros e ministras anularon todos os actos previstos.

Nas súas redes sociais amosouse "constenardo polo ocorrido".

O Partido Popular cancelou toda a axenda de campaña dos seus líderes tras o accidente de tren de Urda. 

O candidato á Presidencia do Gobierno, Alberto Núñez Feijóo, asegurou estar "moi preocupado" polo accidente. Segundo dixo, "o prioritario agora é atender as vítimas".

Tamén Frente Amplia segue con "moita preocupación" as informacións sobre o accidente ferroviario ocorrido en Toledo. Todos os seus candidatos cancelan as súas actividades públicas previstas para este mércores.

O presidente de Vox, Santiago Abascal, manterá a súa axenda electoral prevista para este mércores tras o accidente ferroviario de Urda (Toledo). Nas súas redes sociais sinala: "Non imos utilizar o loito" para acalar as denuncias sobre a situacións das infraestruturas.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade