Atopan un home morto nunha praia de Esteiro, en Muros
Un particular avisou ao 112 de que había unha persoa na beira que aparentemente estaba falecida
Arquivo
Atopan un home morto nunha praia de Muros. Foi no areal do Galiñaceiro, na parroquia de Esteiro.
Un particular contactou co 112 Galicia na tarde deste luns para informar de que atopara ou corpo dunha persoa na beira da praia e que, aparentemente, estaba falecida.
🔴 #AXEGAInforma da localización do corpo sen vida dun home nunha praia de Muros. 📍 Praia do Galiñaceiro, na parroquia de Esteiro, lugar da Formilla. ➡️ Un particular atopou o corpo e informou ao 112 Galicia ás 17:25 horas. 🔗 https://t.co/CtjNgCe6V9 https://t.co/Q0PlGVXhhE
— 112 Galicia (@112Galicia) October 26, 2026
Desde o 112 mobilizouse o 061 e a Garda Civil. Tamén se deu aviso ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo. Cando os equipos de emerxencias chegaron ao lugar, confirmaron o falecemento do home.