Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Vigo alerta de correos electrónicos fraudulentos que suplantan á Policía Local

O Concello de Vigo alerta de correos electrónicos fraudulentos que suplantan á Policía Local

A administración local recomenda á cidadanía extremar as precaucións e non facilitar datos privados ou bancarios

Policía Local Vigo Policía Local Vigo
G24.gal 26/10/2026 17:40

O Concello de Vigo alertou da circulación de correos electrónicos fraudulentos nos que se suplanta a identidade da Policía Local para enganar ás persoas destinatarias, e recomendou extremar as precaucións e evitar acceder a ligazóns sospeitosas ou facilitar datos privados en resposta a estes correos.

Nun comunicado, o Concello lembrou que as notificacións oficiais se fan a través das canles habilitadas pola administración e que os avisos que se fan por correo electrónico ou SMS "teñen un carácter exclusivamente informativo".

Así, as comunicacións oficiais informan da existencia dunha nova notificación, identifican o destinatario con NIF ou CIF, e inclúen o correspondente número de saída.

"En ningún caso se remite directamente o contido da notificación por correo eletrónico", sinalaron fontes municipais.

O Concello lembrou que os cidadáns poden consultar as súas notificacións accedendo á sede electrónica municipal a través da web oficial, e que as persoas que non estean obrigadas a relacionarse electronicamente coa administración e non teñan activado o servizo de notificacións electrónicas recibirán as comunicacións por correo postal.

Non abrir ligazóns, nin facilitar datos privados ou bancarios

Finalmente, o goberno local pediu aos cidadáns que "desconfíen" das mensaxes que aparenten proceder da Policía Local ou doutros servizos municipais que conteñan ligazóns sospeitosas, solicitudes de información privado ou peticións de pago non verificadas.

En caso de recibir un correo destas características, recomendan non abrir esas ligazóns, non facilitar datos privados ou bancarios, e comprobar a autenticidade da mensaxe a través das canles oficiais do Concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade