Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos dous mozos tras unha liorta en que ambos intentaron agredirse cun coitelo en Lugo

Detidos dous mozos tras unha liorta en que ambos intentaron agredirse cun coitelo en Lugo

Os axentes souberon que un dos mozos foi á casa do outro, que se atopaba coa exparella do primeiro, e ameazouno a través da fiestra

G24.gal 23/10/2026 10:57

A Policía Local de Lugo detivo dous mozos despois dunha liorta en que ambos intentaron agredirse cun coitelo na vía pública.

Segundo sinalou a Policía Local nun comunicado, os feitos sucederon o pasado mércores sobre as 14:00 horas cando a sala do 092 recibiu información sobre unha liorta en vía pública, na zona sur da periferia da cidade.

Ata o punto desprazáronse varios indicativos da Unidade Territorial de Barrio e localizaron os dous mozos implicados, que presentaban restos de sangue.

No lugar tamén se atopaban varias testemuñas e os axentes acharon un coitelo, tamén con restos de sangue, baixo un vehículo estacionado nas inmediacións.

Os axentes souberon que un dos mozos foi á casa do outro, que se atopaba coa exparella do primeiro, e ameazouno a través da fiestra. Así, o home que se atopaba dentro da vivenda saíu á rúa cun coitelo e comezaron un forcexo.

Durante a liorta, ambos os mozos usaron a arma branca para intentar alcanzar ao contrario. Os implicados foron detidos e trasladados a dependencias policiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade